Sunday 28 de April de 2024

Papá Noel percorrerá as rúas de Camariñas este domingo, 24 de decembro


· Sandra Insua recibirá a Papá Noel na Casa do Concello antes de comezar a Cabalgata, con inicio previsto para as 11:00 horas.

Este domingo, 24 de decembro, Papá Noel chegará a Camariñas para visitar a todos os nenos e nenas do municipio, facendo unha Cabalgata única na comarca que o levará a percorrer todas as rúas do municipio.

A recepción na casa do concello, por parte da alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, terá lugar ás 11:00 horas e a partir de aí, desde a Praza da Insuela, comezará o seu itinerario, que está previsto que remate pasadas as 20:00 horas.

Cabe destacar que os horarios son estimados, dependendo da climatoloxía e do que o afamado persoeiro chegado desde Laponia estea en cada lugar.